Miña casiña, meu lar, ¡cántas onciñas de ouro me vals!
Vin de Santiago a Padrón cun chover que era arroiar,
descalciña de pe e perna, sin
comer nin almorzar.
Polo camiño atopaba ricas cousas que mercar,
¡anque ganas tiña delas, non tiña para as pagar.
Nos mesons arrecendia, a cousas de bon gustar,
mais o que non ten diñeiro sin elas ten que pasar.
Fun chegando a miña
casa toda rendida de andar
non tiña nela frangulla conque poidera cear.
A vista se me barria, que era aquél moito aunar.
... (ver texto completo)