Gel. Igual xa estás no Pueblo de vacacios de Semana Santa?. Moito tempo sin saber de ti, me dou gran alegría o leerte en este foro, de vez en cuando non deixes de visitarnos, nos facias reír cos teus chistes é relatos, non, non, non podes abandonarnos. te necesitamos.
Donde quera que estés, o importante é que che encontres mui ben, disfrutando da vida a tope é acompañada dos teus seres máis queridos. (Eso espero.)
Un saludo.

Prezado Piño, xa quixera eu atoparme pola terriña, coa melena ao vento e a mente ao ralentí! Pero non, de momento hai que aguantarse onde as circunstancias nos amarran.
Gracias por estas bonitas palabras que me adicas, son recibidas como auga de maio despois de un inverno escuro e frío en tódolos sentidos. Eso que dis de abandono son só apariencias, pese a que teña a inspiración un chisco aletargada non me olvido dos amigos.
Hoxe o mirar un diario invadiume a nostalxia o ler o titular: "Últimos billetes Ourense-Sanabria". Ala, penso eu, outra cousa máis para o baúl dos recordos. Cantos viaxes fixen nesta carroula dende a Vilavella ata Ourense! Ás veces costa arriba, casi había que baixarse para empuxala. Claro que o tren coñeceu tempos mellores. Daquela, ó empezar as vacacións dos colexios, as estacións estaban saturadas. O tren xa ía ao tope o saír da estación do Empalme e en San Francisco había outra tanta xente esperando. Aquelo si que era aventura, conseguir subir ao tren sin deixar atrás a maleta nin perder un zapato no intento.
Hai dabondo quen pensa que o pasado é para olvidalo. Eso é para quen ten a memoria selectiva. Para min sin pasado non hai presente e sin presente non hai futuro. Gústanme estas lembranzas.
Apertiñas.