LUBIAN: Que naide diga que o que falamos neste curruncho do...

Que naide diga que o que falamos neste curruncho do mundo non é máis que "castelapo", aiquí falamos o galego. Esos que non defenden a nosa fala, nin falan galego nin falan castelán...só falan de parvadas. Esos, esquecen as súas raices, sinten vergoña de ser o que son: fillos de'esta terra.

Recordade que o galego non é unha lingua única, non se fala o mesmo galego en Orense que en Lugo, en Vigo que no Ferrol, en Lubián que en Carnota, ...a fala galega varía igual que o castelán. Todos sabemos que non se fala igual en Pamplona que en Sevilla, ou en Lubián que en Cantalapiedra.

Nos, en Lubián, falamos galego.é unha lástima que teñamos que estár condenados ao analfabetismo. ¿Cuando os nosos nenos aprenderán a escribir en galego na nosa escola?...