Luz ahora: 0,02714 €/kWh

LUBIAN: Ollo. Esa idea tan romántica de que o galego de Lubián...

Ollo. Esa idea tan romántica de que o galego de Lubián é algo propio que non hai que "contaminar" é unha doencia terminal para o noso xeito de falar. As linguas que non se escriben, vanse murchando deica morrer.
é como si opinaras que o castelán de Lubián tampouco se pode "contaminar" co estudio e o perfeccionamento. O estudio da lengua perpetúa a sua existencia.
Eu quero estudiar galego, porque quero perfeccionalo e perpetualo. Para min non é unha chata o falarmos galego. Sinto orgullo de falalo, inda sin selo.
Non hai ningún idioma que se chame galego-portugués. A fala de Lubián é un dialecto galaico-portugués. é o galego oriental con certos préstamos portugueses. Menos dos que cabería esperar.