Vai para para un ano que pisei por vez primeira Lubián co gallo de comezar un modesto estudo sobre a etnografía e o folclore da Comarca de As Portelas. En verdade só teño palabras de agradecemento, mais non soiamente ás autoridades municipais polo trato e comodidades que nos ofreceron, senón a toda a vila de Lubián, de Chaos e tamén ás xentes de Hermisende: San Ciprián, A Teixeira, Castromil... Xentes que coa súa colaboración, compartindo sen vergoña algunha connosco o seu saber popular, as súas cantigas, romances, coplas, cantos de ronda, de sega... Están dispostos a conservar e transmitir a sabedoría dun povo, que culturalmente tamén é o meu. Leo cun muita atención o que escreve María Lubián un chisco máis arriba e agrada-me saber que vós, a xente nova, sodes plenamente conscientes que a cultura dos vosos devanceiros tamén é a vosa cultura e que perde-la sería un erro de incalculabeis consecuenzas, pois a cultura colectiva e a identidade persoal van tan íntimamente ligadas que no intre en que se perde a primeira perde-se tamén a segunda. Comprendo que o camiño e a laboura sexan complexas, pero ninguén e repito ninguén vosotros poderá quitar a vosa cultura se vós non renunciades a ela. Eu só quería deixar plasmado eiquí o meu desexo de que sigades a ser como sodes e animar aos pais e nais de Lubián a falar cos vosos fillos na vosa língua, que tamén é a miña, pois unha língua e unha cultura ademais de ser un ben común para a humanidade é tamén unha riqueza persoal.
Pola miña parte seguirei a traballar na recollida e transmisión do voso folklore, para que nun futuro vós, a xente nova de As Portelas a empreguedes, conservedes e transmitades. Un saúdo.
Xabier B. Salgueiro é membro da Comisión de Estudos Etnográficos da A.C. Do Alto Minho (Lugo-Galiza).
Pola miña parte seguirei a traballar na recollida e transmisión do voso folklore, para que nun futuro vós, a xente nova de As Portelas a empreguedes, conservedes e transmitades. Un saúdo.
Xabier B. Salgueiro é membro da Comisión de Estudos Etnográficos da A.C. Do Alto Minho (Lugo-Galiza).