LUBIAN: Saúdos desde Galiza. Lubián pertence a esa Galiza irredenta...

Saúdos desde Galiza. Lubián pertence a esa Galiza irredenta por desgraza. Desexaría moito que todas esas rexions coma Lubián que nun tempo pertenceron ao antigo reino da Galiza tornasen a formar parte do noso pais. A fatalidade histórica imposta por Castela é a culpábel de que hoxe a nosa língua estea numha situación tan lamentábel e que haxa xente desde Castela que se atreba a recriminar o direito a defender o noso. Reclamo respecto para todos eses galegos que defenden a sua língua desde Zamora, Leon, Asturias ou Cáceres. O que nos fai galegos é a nosa língua e a nosa cultura e ninguén desde fóra nos pode impor unha língua allea. O galego falado en Lubián (quitando os castelanismos) é totalmente lexítimo ao igual que a defensa na Galiza dunha língua reintegrada na nosa história e familia lusa que os españolistas nos queren quitar. Para falar ben unha língua primeiro ha que a falar mal. Animo desde aqui a que non vosotros avergoñedes da vosa língua nen de escribi-la. Bicos e apertas.