COUSAS DO BÍO
O avó érache un viuvo novo que andaba polos cincuenta. No tempo da herba da serra, el soíño apalleirou o prado do Casar e ata cargou o carro sen axuda. Tal era o xeito que se daba nos traballos da labranza. Claro que todo fai o non ter quen te axude.
Tantiño máis alá andaban a cargar o carro o tío Aquilino maila súa criada xabresa. O vello encaramado no alto do carro de herba, e a xabresa toda arremangada coa espalladeira na mao, agora collo o engazo pra engazar ao redor, agora boto mao da espalladeira...
O avó deixou entonces a sombra do escáncer e acercouse como bon traballador a quitarlle a espalladeira das maos a aquela moza. Porque antes decíase: "o que acaba primeiro axuda ao compañeiro."
O prado do tío Aquilino viña sendo algo pino, polo que a roda de arriba estaba nunha cova pra equilibrar o estrado.
Peiteado xa o carro, o avó botoulle a treixa arriba, e unha vez desenvolta, o tío Aquilino botou abaixo a asa. Ao buscar o bio da parte de arriba, a moza non deu co el pola parte de fora, xa que a herba do carro chegaba ó lameiro; entonces tuvo que ir pola parte de abaixo e meterse debaixo do carro pra buscar o demo do bío. E non o daba hachado.
Meteuse daquela tamén o avó viúvo debeixo do carro, e xuntos logo encontraron outro bío, pero non era o de enganchar a treixa.
Mentras remataron a faena co aquel cheiro divino misturado co perfume da herba seca, Aquilino, coa treixa na mao e agardando, non paraba de decir:
--Aparece ese bío ou qué!
E o avó contestaba xemendo:
--Xa vai, Aquilino, xa vai...