Rebaja tu factura AQUÍ

LUBIAN: MANUEL E OS LOBOS....

MANUEL E OS LOBOS.
Manuel Álvarez Piñeiro e Isabel Domínguez Ballesteros, eran pais de cinco rapaces entre catro e oito anos. No pueblo era un segredo a voces que desde que acabara a guerra, Manuel levaba unha codia a casa gracias os cartos que ganaba co contrabando do café. Unha fea tarde de mediados de febreiro de 1947, en contra da voluntade de Sabel, Manuel, dirixiase a cova do Salmeiriño na serra da Teixeira, ao encontro co seu contacto pra cubrir o traxecto con dúas sacas de café hasta o seu cortello do Churrian. A inminente nevada que se achegaba o sorpréndeo xa preto da cova, máis o seu contacto non daba señais de vida. Manuel decidiu refuxiarse da fria neve ventiscada que le facía imposible terse en pe. O sobresalto foi maiúsculo cando ao entrar na cova se atopou cunha parexa de lobos que acurrucados quitaban o frio. O primeiro xesto foi de retirada, máis regresar pra casa naquelas condicións era unha temeridade. Botandole agallas ao asunto, deitouse na terra ao pe deles e non pasara nin media hora que xa se arrolaban os tres. En poucas horas a entrada da cova quedou cuberta pola ventisca, e xa cúa noite caida e o cansanzo, non tardou en apretarle o sono. Tres días cúas súas respectivas noites estuveron naquela situación. Ao cuarto día xa comenzou a escampar, Manuel abriu a entrada da cova e aproveitando que inda era cedo e tiña o día enteiro por diante emprendeu a volta a casa. En todo o traxecto os lobos o acompañaron hasta chegar á Ponte Vella. Nos seguintes porteos cada vez que Manuel saia ao monte os lobos viñan o seu encontro e o acompañaban todo o camiño. Así estuveron durante case dous longos anos. En 1949 cúa volta das obras da vía Manuel comenzou a traballar no túnel 12. Cando levaba sete días traballando na vía, unha tarde á volta pra casa, chegando aos bosques de Bernabe os lobos relouqueando sainle ao encontro e Manuel home curtido e rudo onde os houbera non poido aguantar máis e deixou caer unha lágrima. A partir daquela, cada tarde á mesma hora saian o seu encontro, Manuel sempre deixaba un petisco do touciño da merenda pra compartir con eles. En 1956 os traballos da vía estaban de remate e Manuel xa decidira que emigraria á Arxentina en busca de unha nova vida. Dicíase en Lubián que na Penagueira durante varios meses os atalaridos dos lobos eran infernais. Dicíase en Buenos Aires que cada tarde ao pórse o sol Manuel deixaba caer unha lágrima.