Ofertas de luz y gas

LUBIAN: Naqueles tempos do século pasado, subía un pescador...

Naqueles tempos do século pasado, subía un pescador polo Tuela arriba a partires dos Coutos de Chaos e enchía de troitas o mingacho antes inda de chegar ós Areáis.
Trinta e nove troitas un día, todas collidas á "cucharilla", algunhas delas de unha libra de peso.
Desde os Areáis o pescador subíu ladeira arriba cara ó lameiro do Casar, con todo aquel peso do mingacho ó lombo.
-- Ësta sí que foi! Subir tanta costa pola forza do día!
Pero era mellor subila, que desandar o andado pola borda do río, porque había moito monte, e non iba a andar outra vez polas augas.
A subida resultou logo doada: había unha arroxa retoñada. Pero sobre todo, o mellor foi que estaba toda a ladeira infestada de arandeiras ben cargadiñas de uns arandos grandes como amorodos, e ben maduriños polo sol de santiago.
Feita a subida ben cargado de vitaminas, a baixada polo camiño do Barreño foi coser e cantar.
E cando baixaba do cortello, xa na Feira, coa cana na mao e o mingacho ó lombo, o Tren Correo das cinco, pasmado, botouse a rir:
-- Home vai... Pois polo camiño que traes haberías facer boa pesca...!
E cando mirou o mingacho, pechou a sonrisa, puxo faciana de non crelo e rematou santiguándose.
Sonche cousas do demo.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
¿O tren correo?, si si... máis ben o tren da maña cara Ourense