LUBIAN: A VOLTA A LUBIÁN...

A VOLTA A LUBIÁN

O 22 de novembro de 1958 cheguei á estación de Lubián no expreso Rías Baixas procedente de Vigo, aquel mesmo día, desembarcara do "Okendo" en viaxe desde Cuba, onde dera remate ó servicio militar que prestara como agregado á Embaixada Española na Habana.
Cando catro anos e medio atrás partira, o ferrocarril a Galicia non era máis que un proxecto en longa obra descontinua que parecía non ter fin. Tres anos traballera eu na trinchera de San Bartolome.
Ao chegar á estación atopeime moi descolocado, non atinaba que dirección coller pra ir a casa. Entrei na sala de circulación, o factor prestouse a indicarme: "al final de las vías a la izquierda sale un atajo, pero es más aconsejable ir por la carretera, ha llovido mucho éstos últimos días y es probable que no se pueda pasar el regato".
Facendo caso aos consellos de aquel home, comecei a camiñar carretera adiante, unha lúa chea radiante alumame na noite, todo me resulta éstrano, por momentos dudo si a dirección que levo é a correcta. Ao chegar ó Porto da Meda, creo recoñocer unha cortiña á que meus pais sembraban patatas, estou no certo, máis, parte de esta cortiña desapareceu co trazado da nova carretera. Prosigo o camiño, ao chegar ás Barrelizas a emoción me embarga, creo que me vou a derrumbar, séntome na torada dun castañeiro que hai no cruce da Rampa da Cruz, as follas caídas arrástranse pola carretera, e no silencio da noite fan un ruído que me arrepían a pel, nunha corte do Churrian de cando en cando se sinte un chocallo e varias esquilas, ao fondo distingo tamén o ruxir do río. Volve a soprar o vento, as follas dos castañeiros caen a centos, asemellan ser bandadas de paxaros que voan sen rumbo. O cheiro a fumo das lareiras me embriaga. Agora é o cáramo o que me dá a benvida. Nun intre repaso todo o vivido desde que partira, a Habana, os cañaberais, aquelas xentes fetexeiras..., todo queda atrás, tan cerca e tan lonxe. Deixo que pase o tempo, o sufuiciente pra recuperar un estado emocional a xeito pra achegarme a casa. Mañan será un día de moitas emocións. Toca asumir a vida. As secuelas do mal da vía xa fai un tempo que pasan factura. A realidade é dura, moi dura.