Ofertas de luz y gas

LUBIAN: Faisnos pasar moi bons ratos cos teus contos, inda...

Alá no século pasado, cando os pés vivían nos escarpíns bravos de lá, e os escarpíns nos zamancos, baixaba o carro do tío Prefeuto pola canada do Val, cargado ata os topes de estrume e coas terraxas ben apretadas.
Ó chegar ó Pego, meu avó deume a aguillada a min, que non tiña máis de oito anos, pra ir facendo prácticas de condución pola estrada, ben arrimadiño a borda da dereita, pra chegar a ser un bon chamador de carros o día de mañá.
Ai, amigo! Esta sí que foi boa: ó chegarmos frente ó cuartel, subían pola escaleira o teniente de Lubián e o capitán de Puebla, que acababa de baixar da súa cirila. E o carro canta que te canta, alternando notas gaíñas con baixos profundos, nunha harmonía que traía embelesado ó tío Prefeuto.
Pero resulta que daquela tiñan proibido os gardas o canto dos carros, pois ó madrugar na sementeira, despertabamos ós carrilanos. Así é que o garda de portas baixóu do cimo da escaleira coma un alustro, en pulos de tres baldois.
-- ¡Paren, paren ese carro!
--Xo! --dixen eu, presentando a aguillada diante dos fociños das vacas, e nun impresionante frenazo de apenas vinte centímetros o carro quedou clavado.
--Señor Perfecto --dixo o garda botando os fígados polas meninas dos ollos-- ¿Cómo tenemos que decirles a ustedes que está prohibido que los carros canten?
Engrasen ese eje, si no quiere que se le caiga el pelo con una multa.
--Pois sí, señor, --dixo o avó mentres floxaba as terraxas-- Eu ben me farto de engrasalo, como di vostede. Inda esta mañá, ben cediño, ben que o enxarnei de unto tanto o eixe, coma os apeladeiros. Pero canto máis o unto, millor e máis canta. Non o hai en toda a contorna con máis harmonía...
Coas terraxas floxas, como viña cunha boa carrada de estrume, nada máis arrancar xa volveu o carro coa súa cantarena. E o avó, acenando cara ó garda coas dúas maos, dixo:
--Mire: eu xa llo dixen. Cala, carallo, que os gardas non queren que cantes! Pero dígallo vostede, que a min maldito caso me fai.
O garda quedóu descomposto, mentres a teniente e o capitán escarallábanse a rir no cimo da escaleira.
Cousas do meu avó.

Faisnos pasar moi bons ratos cos teus contos, inda cho sei.
Teu abuelo, coma dicen hoxe, "era un crak". Pra nos un home con muta retranca.
Saudos a todos os foreiros lubianerios.