Ofertas de luz y gas

LUBIAN: Invitada pola Universidade de Vigo, o sábado día 13...

Invitada pola Universidade de Vigo, o sábado día 13 de marzo ás 13:00 horas, a nosa Escola de Gaitas vai interpretar dúas ou tres cancións no cemiterio de Cacabelos, ó redor da tumba de Antonio Fernández y Morales (militar e poeta berciano en letras galegas), nunha homenaxe a ese poeta do século XIX e a Firme de Batribán, poeta e gaiteiro asturiano en letras e músicas galegas, morto no 2009 con 86 anos de edade.
As cancións van ser o Himno do Antergo Reino de Galicia, o Pasucais de Xan de Mieres, A Rita, e probablemente o Himno Galego.
Esperemos que non lle dea por bailar a Rita a ninguén, escarbando no chan.
As 19:00 horas, no teatro de Vilafranca, estaremos no concerto de Pablo Carpintero.