Rebaja tu factura AQUÍ

LUBIAN: Estou moi contento. O domingo pola mañá, ó ir acomodar...

Estou moi contento. O domingo pola mañá, ó ir acomodar as pitas, escoitei os rechouchíos dunha anduriña. Levantei os ollos, e alí estaba, no cable da luz que cruza a estrada.
A esa inda non a volvín ver. Non sei onde estará agarbada desde entonces.
Pero despois xa vi ó López, á Mari, á Baldomina e á Marcela e ó seu marido Luis.
Xa van vindo.
Isto xa vai tomando cor.