O tío Andrés sempre foi un home de unha seriedade contrastada e profundas convinciois relixiosas, máis tiña tamén a firme convicción de que a augua sempre tiña que durmir nos seus prados. Por eso non era de estrañar atopalo cúa súa aixada ó lombo a calquera hora da noite. Pra desgracia miña, en Carnatiño tiñamos un prado que nos apezaba. Meu pai a pouco que nos fumos facendo grandes, (grandes… con nove ou dez anos), distribuínos a meus hirmous e a min os prados, pra que cada un de nos fora responsable de ter limpos, escaldeirados e votarlle a augua aos que por sorte nos tocara manter. Unha noite meu pai chegou a casa despois de facer unha revisión do estado no se encontraban os prados que eu tiña asignados, chamoume a varas pra pedirme explicacións polo lamentable estado no que se atopaba o prado de Carnatiño. Eu defendinme dicindo que co tío Andrés non podía e que ese home nin respetaba horas de augua “ni Cristo que lo fundo”, meu pai solo me contestou: “eses problemas son teus”, nin que decir ten que colli o mensaxe deseguida, e póseme a xurdir un plan pra dar solución ó problema. Tras varias noites agazapado no alto dun carballo que había por encima do tapadeiro do meu prado, ó fin, unha noite escura o vin vir, como case sempre rezando o rosario. Mentres el esborxaba a augua, cun fiu de sedal, un plomo e un azúelo atado na punta, deixeino caer hasta que le enganchei a boina, despois fui tirando do sedal pouco a pouco, el espantado ó ver como a boina subía sola pro cimo do carballo aliviouse de aires, e dixo: “ ¡esto son cousas do demo que anda tras de min!”, apretou a correr a velocidade que le daban as pernas e non parou hasta chegar ó pueblo. Desde aquel día, o meu prado de Carnatiño foise pondo máis verdiño.
¡Tío Andrés!, Onde queira que este perdoe. Poda que si foran cousas do demo.
¡Tío Andrés!, Onde queira que este perdoe. Poda que si foran cousas do demo.
Hola a todos los de Lubian. Yo soy de O Pereiro. Disfruto muchísimo con las historias que contais de antaño, es como si los años retrocedieran y estuviera escuchando a mis mayores en los fiadeiros, cuando contaban aquellos contos que nos dejaban a los niños con la boca abierta y a veces llenos de miedo. ¿Serian cousas do demo, ou tiñan unha explicacion coma do prado de Carnatiño?