Luz ahora 0,10979 €/kWh

LUBIAN: Sexas benvida neste foro, e quedas tamén convidada...

Sexas benvida neste foro, e quedas tamén convidada á páxina oficial do Ayuntamiento (www. ayuntamientolubian. es), onde hai outro foro menos concurrido, pero moito material.
Eu tamén tuve un avó que foi o mellor contacontos do mundo de Lubián, e unha mai que tamén os contaba moi ben levados, pero que agora non lembra polo maldito alzheimer.
Todos estes contos e lendas son o noso patrimonio inmaterial. E non imos perdelo.
Nin que decir ten que probablemente non haxa nin un anaco de verdade en todos eles. Ou trátase de verdades distorsionadas adrede.
A miña costume é darlle unha migalla de verosimilitude utilizando os lugares que se me ocurren, pero xa tuve algún problema co nome dalgún pobo, porque hai xente que non aguanta esta brincadeira.
Sobre o conto da "gana" hai unha versión en Lubián entre un portugués da seitura e unha tendeira do pobo, pretendidamente certa, inda que non é verdade.