Luz ahora: 0,13500 €/kWh

LUBIAN: Faciamos a parrafada despois do café, cando "Inda"...

Faciamos a parrafada despois do café, cando "Inda" despídese pra ir a acomodar as súas catro fermosas pitas das que solo poñen ovos tres, e si se tercia!, a que non pon, pra máis Inri, papa algún das outras.

- Carallo! Pois teilo fácil; volta de pescozo e caldo de pita. Dixele eu.
- Xa, pero é que le colli moito cariño.

A máis, resulta, que pra que a muller que xa sospeitaba da falta de ovos, e con ganas de facer caldo da que non puxera, non se de conta, a este, non se le ocorre outra cousa, que comprar ovos no supermercado do Ferreras e polos no niadeiro como si foran postos polas súas pitas.

Pero alma de cántaro, quítalle ó menos os códigos de barra que traen impresos os que compras no supermercado, non sexa que a muller calquera día se de conta e teñas que dicirlle que as pitas están en toda regra e que como xa tein o certificado de calidade ISO 9001 xa os poñen así.

¡Ai si teu abuelo levantara a cabeza!