Certo é que dirixo unha explotación de catro galiñas. Pero unha ten 8 anos e xa non produce, e non son quen de retorcerlle o gañote, nin deixala fóra, de noite, para que a pape a raposa.
A conta de resultados da explotación é a que sigue: 225 ovos cada tres meses, que son 18,75 ducias, por 1 € de valor, un total de ingresos en especie de 18,75 €.
Nese tempo, ademais das sobras de pan, arroz, ensaladas e mariscos, comen un saco de millo triturado que vale 15 €. Así é que teño unhas ganancias de 3,75 € ao trimestre, máis o indudable plus de calidade ecolóxica, máis un carretillo de esterco para os tomates e leiturgas, máis o consumo dos desperdicios orgánicos xunto co can, Sr. Gutiérrez, etc.
Certo é que o ano pasado despisteime co saco de pienso, e deixaron de pór no inverno. A muller xa me viña cuestionando a rendabilidade da granxa, porque ían quince días sen ovos.
Pero non merquéi ovos en ningún supermercado, lacazán.
O que pasou foi que ví media ducia deles na neveira da adega, collín tres e subinos pra cociña, para o frigorífico da cociña, que é onde meto os ovos de cada día, un en cada buraco.
Cando os viu a muller, veu onda min cunha sorrisa deliciosa nos beizos:
-- ¿Y luego ya ponen las gallinas?
--Ya ponen --dixen eu.
-- ¿Y cómo es que ponen huevos duros? ¿No ves que ya están cocidos?

Certamente o caso foi gracioso. teño que decirte que a risotada que acabo de dar, foi soberana, veu a muller desde a cociña pensando que si empezaba a porme chalado o reirme de esa maneira eu sólo, si debeu de ser forte, de donde teño o ordenador a cociña metense tres habitacios por medío.
Que sigas conservando o humor. Saludos.
Que sigas conservando o humor. Saludos.