Factura rebajada un 25%

LUBIAN: Eche un conto moi vello, pero a min faime rir cada...

Eche un conto moi vello, pero a min faime rir cada vez que me ven á memoria.
Acórdome del sempre que meto cada ovo no buraquiño da porta do frigorífico, así é que quen me vexa rir sempre que meto ovos na neveira pensará que toleéi.
Dicen que un de Lubián foi mercar unha neveira onda o Fulero de La Villa, alá nos tempos primeiros deste artiluxio. O tendeiro explicoulle para que servía cada bandexa e cada caixón: conxelador, sitio da froita e das verduras, lugar para o peixe, e na porta para as beberaxes.
Entón o comprador decatouse dos buraquiños na bandexiña do cimo da porta, e preguntou:
-- ¿Y estos buraquitos para qué son?
--Son para meter los huevos --contestou o Fulero.
Pregou os fociños o do noso pobo, e exclamou:
--Carallo! Pero si meto os ovos aí, como pecho logo a porta?
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Jejeje, moi bon. Solo fai falta un pouco de imaxinacion pra ver o probre home encaramado no alto da neveira, e pra partirse de risa.
Eu recordome de unha anecdota que viviu unha amiga miña ca sua nai, paciente de una enfermedade dexenerativa. Non e un chiste, que quede claro. Cuando unha persona querida se encontra en tal estado de desorientacion e moi triste, mais ben pra chorar. Pero as veces hay que reirse, pra quitarlle un pouco de peso a situacion. De esta maneira a miña amiga faciame moitas ... (ver texto completo)