Dende facía tempo o tío José e a tía Josefa estaban a precisar de un caldeiro novo pra cocerlle aos porcos, e naqueles primeiros anos 70, a Leonides xa non viña vendendo os xeitosos cacharros de materiais reciclables, (eso si que foi un exemplo de reciclaxe: latas de aceite que se convertían en regadoiras, e que logo os rapaces faciamos servir de saxofóns, botes de tomate que acababan sendo cazos pra sacar a augua do deposito da cociña económica, latas das empanadas, ou carrapitos de varias midas). Achegouse o tío José á casa dos do Sotillo pra mercar un caldeiro sin dicirlles o fin pro que o farían servir. Vendeulle o Miguel un caldeiro moi lixeiriño e cun colorido que daba gozo velo. O tío José iba máis contento que unhas castañolas, pero non pasaran nin catro horas e xa estaba reclamándolle polo mal resultado que le dera o coitado caldeiro.
- ¡Mecago no birimbao…! mira o que quedou do raio do caldeiro, enseñandole a argola.
- Pero home de Díos, como pois o caldeiro na lareira, non veis que é de plástico.
- ¡Arrenegado sea o demo!
- ¡Mecago no birimbao…! mira o que quedou do raio do caldeiro, enseñandole a argola.
- Pero home de Díos, como pois o caldeiro na lareira, non veis que é de plástico.
- ¡Arrenegado sea o demo!
Eu cuando lle oia decir o crego, e despois as monxas, que todos somos hermanos, faciaseme ese pensamento un pouco agobiante. Pero lendo a vosas historias, aparte de rirme moito, penso que debe de ser vedade que polo menos somos todos cortados polo mismo machado.
O do Pereiro que tuvo esta brillante idea foi pra estrenar a cociña de butano.
O Antonio o vendelas decia que eran unha maravilla, que nin queimaban as potas. E el, aunque que era da raza comun daqueles tempos que consideraba a cociña terreo da muller, quixo facer el mismo a prova e colleu o primeiro que se lle veu a mau pra quentar augua, o caso e que se quedou sin caldeiro e escangallou os queimadores da butana.