Factura rebajada un 25%

LUBIAN: Dacasnalgas levaba o día enteiro de caza pra Serra;...

Dacasnalgas levaba o día enteiro de caza pra Serra; dos Cortellos a Barón, da Mallada da Cruz á Barreira Blanca, hasta chegar a Lagarellos cúa entreperna encetada e nin perdices nin charrelas… ¡nin tan xiquera pitos verdeais!.
Eso si, polos Queirugais e o Bedulo non deixaron de sentirse tiros en toda a maña, ao que el respondía: “así reventaseis, no os cansareis de perdices, ¡carajoo!”- si no encuentro perdices comere al menos la merienda.

Ó acabar de comer, encetadiño como estaba, colle o pendín e volta pra casa, pero mira por onde chegando o Bedulo, saille un bando de charrelas, e el inda non estar a xeito mángalle un par de tiros, por certo nada atinados, máis o Gorby (un can perdigueiro de raza Setter, finiiisimo, que tiña) marcha en busca das charrelas aparecendo aos quince minutos cunha perdiz roxa terciada nos fociños, el quedase un pouco estrañado pois pareceralle que o bando era de charrelas. O can volve a marchar e en dez minutos xa está de volta, agora cunha charrela, e el moi descolocado di: “si no lo veo, no lo creo, andaban de envuelto”. Volve a marchar o can, e noutros dez minutos preséntaselle cun coello. – “Bueno carajo, esto si que non hay demonio que lo entienda”.
O can volve a marchar que perde o cu, Dacasnalgas chámao: “Gorby ven, toma Gorbyyy” máis o can non le fai nin puñetero caso, volvendo agora cunha bota de viño que en letras verdes pódese ler:- PRINCIPADO DE ASTURIES, PARAISO NATURAL.

O cabrón do can, dera cos morrais de uns cazadores asturianos, que aspeadiños botaban unha cabezada debaixo dos piornos do Bedulo, e estaba a facer o acopio.
As perdices e o coello ó día séguente fixeron un bo guiso, máis a bota inda a ten, e fai un viño caralludo.

De xeito é dicir, que un bo can pode arranxar o día de un mal cazador.

É UNHA IDEA ORIXINAL DE DACASNALGAS.
So en parte, esto ultimo do bo can e o cazador ruín, é colleita propia.