Rebaja tu factura AQUÍ

LUBIAN: Verdadeiramente, ¡por cinco euros quen non lle fai...

O pasado domingo foi a Feira Franca da Moimenta, e por alí anduve a dar unhas voltas. Fun convidado polo senhor presidente da Junta de Freguesía.
O día non puido estar mellor. Por iso andaba por alí toda a contorna. Houbo touros nunha plaza desas portátiles, con forcados e toureiros dacabalo, concurso de ovellas e de cans da res, e moitos postos de vendas ambulante.
Chamoume a atención un paisano que deu a vara desde dous sitios distintos co autoparlante sempre a berrar:
--Dez panos de cocinha, máis outros dois, i dois máis, máis outros dois máis un reloxo de parede para saber da hora,... tudo por cinco euros!
--Doce pares de escarpins, máis outros doce, máis doce máis, máis un gardachuvas,... tudo por cinco euros.
E alí, nun recuncho do camiño, andábache unha "senhora" a pendurar dunha treixiña debaixo do toldo unha fila de axustadores, mentras decía sen autoparlante, así coma para os que andabamos máis perto dela naquel intre:
--Teteiros, senhoras, teteiros de tudas as medidas a cinco euros. Teteiros, ajustadores, senhoras e garotas... ¿Quen por cinco euros anda con elas colgando?

Verdadeiramente, ¡por cinco euros quen non lle fai frente a lei da gravidade!