Luz ahora: 0,14001 €/kWh

LUBIAN: Xariñas: estamos a vivir nunha aldea global. Nós somos...

a min como galegafalante non me extrana que un zamorano fale galego o triste e que me empeza a extranar que o fale un galego... tal como van as cousas os que si o falamos imos ter que pedirvos asilo os zamoranos. un saudo

Xariñas: estamos a vivir nunha aldea global. Nós somos unha parte pequerrechiña do territorio do galego oriental. Eu coñezo queixas presentadas verbalmente no concello por usa-lo galego en folletos sobre o Verán Cultural. O máis curioso é que as queixas sexan plantexadas en galego. Cómo se pode facer en galego unha queixa contra o galego?
É decir: neste concello de fala galega hai as mesmas problemáticas lingüísticas que en Galicia, agrandadas polo feito de pertencer a outra comunidade.
Pero hai que resistir e seguir a cultivar a nosa leira galega.
Para vires acá non precisas exilio. Estarías na túa terra.