Calcula tu ahorro de luz

LUBIAN: Era Luisito un prometedor atleta na especialidade de...

Era Luisito un prometedor atleta na especialidade de * “Coellos”, facía xa un ano que ninguén le ganaba os domingos antes da misa, e era o escollido para representar a Lubián no próximo campionato intermunicipal. Como a máis estaba na edade, alternaba as carreiras, coa prestación como monaguillo en practicas. Un domingo, víctima de unha novatada, o xefe de monaguillos mandouno a tocar a segunda --“das cento cincuenta badaladas a grande”--. Luisito tratando de cumprir ó requirimento, comezou as badaladas, pero ó ir chegando as cen o cansanzo cada vez facía que as badaladas estiveran máis distanciadas unhas das outras, e a cousa alargouse tanto no tempo, que o cura xa no altar presto pra misar por momentos vai pasando de roxo a morado e de morado a negro. Cando Luisito chega ó seu posto no escano dianteiro a dereita, o cura esta moi alterado e a través de xestos faille entender que ó remate da misa vaille a dar un “sopramocos”. Sendo o noso protagonista moi hábil, xusto acabada a misa marcha pra casa, e non volve a facer acto de presencia nela durante un bon tempo. Os domingos sempre estaba presto pra ir a tapar a augua, acomodar as vacas,… o que fora menester con tal de non ir pola iglesia. Foi así como tamén deixou de participar nas carreiras de coellos, e a súa prometedora carreira como atleta quedou truncada.

* Coellos era un xogo que os rapaces de Lubián practicaban mentres facían tempo de entrar á misa. Ó redor do sagrado, corrían desde o mesmo punto, un en sentido contrario ó outro, ganando o primeiro que chegaba ó punto de partida.