Factura rebajada un 25%

LUBIAN: Corrían os anos 1.972 e 73. Non corrían. Voaban....

Corrían os anos 1.972 e 73. Non corrían. Voaban.
Naqueles tempos traballei de educador no "Atlántico" de Pontevedra, preto do Campo Grande, camiño da Seca.
Foron tempos moi felices. O traballo consistía en manter a disciplina de xente da miña iguala nun andar da Residencia. Estudaban maxisterio ou FP. Foi coma outra vida: amigos e amigas que desapareceron desta de agora sen deixaren rastro; "Universo", "Daniel Boon", e veña move-lo esqueleto desengonzado dos vinte anos...
Nunhas vacacións, viaxando no autobús a Ourense (non lembro ben se era "Castromil", "Auto Industrial" ou "La Unión"), sentei a carón dun vello co que mantiven unha boa conversa galega. Daquela en Pontevedra, se falabas galego, decíanche que "eras do monte". E eu claro que era do monte. Poida que ata cheirase a fodegosa, inda que preferise o aroma da flor da uceira.
O caso foi que o vello baixaba en Soutelo de Montes, e antes de baixare, preguntou:
--E ti de onde carallo eres, rapaz?
--Eu sonlle de Zamora, señor.
O home rascou a testa de vagar, e logo rematou con outra pregunta:
--E ese lugar en que provincia ven quedando?