Luz fijo a 0,11115 €/kWh

LUBIAN: Chegaron ao lugar dúas romeiras, camiño de Santiago....

Chegaron ao lugar dúas romeiras, camiño de Santiago. Para albergarse andaban a preguntar por "La Maison de Pacorro", pero ninguén ouvira falar nunca daquel mesón.
Elas decían que sí, que lle recomendaran "la maison de Pacorro" neste lugar dúas compañeiras do seu país, que se albargaran había uns anos nela, que foran moi ben tratadas e que o Pacorro as deixara moi satisfeitas.
Casualmente viñeron preguntarme a min por suxerencia de non sei que veciño.
--Non, non. Eiquí non hai nengún Pacorro. Hai Francisco, hai Paco, hubo hai tempo Xico,... Pero Pacorro, non,... a non ser un médico que hai moito tempo cambiou de destino.
--Pues amigas decir y señalar en... mapa... cette village... la maison de Pacorro à côté de l'église...
--Acabáramos, carallo: Non é Pacorro, señoritas. Pacorro. non. É párroco!
--Oui. oui: parroco! Sí,... es así, pardon: parroco!
--Pois iso mesmo. Xa está: à côté de l'église, carallo!