Érache un homiño como de xoguete, pero pouco apropiado para uso dos meniños. Viña das partes baixas do Tuela, e gañábase a codia cunha tallada de touciño rancio picando a leña eiquí, ou escaldeirando alá.
O tío Perfeuto deixábao dormir na casa da Cachifra, na pallarega que tiña enriba da adega onde se gardaban as patacas e algunha cousiña máis. Aquel día había tamén un feixe de vimbios para facer canastros, uns ripados e outros sen ripar.
Abaixo rían dúas mociñas duns dezaséis anos contándose as súas cousas mentras enchían unha cesta de patacas. E arriba, O Pesado, dunha edade indeterminada, eternamente vello, pequeno e feu, deitouse no chan da pallarega, e por un buraco botou para abaixo todas as súas noxentas, arrepiantes e descomunáis vergonzas; un presente para as mociñas, coma se fose un ramo de rosas frescas.
--Ai mociñas, mirade que cousiña máis ben feitiña teño aquí para vós as dúas!
E elas, rindo inda máis, fustrigaron sen piedade aquel porco larego con dúas varas verdes dun salgueiro da Mollariza; sen dó mallaron nel ata que se sumiu decrépito na máis mínima expresión.
--Fillas de cadela! Así vos leve o demo, putiñas do carallo!
Desde aquela O Pesado menguou de peso, e a súa pega non pasou xa de carrixiña.