Factura rebajada un 25%

LUBIAN: Comecei o meu servicio como Guarda das fabas na Estercada....

Comecei o meu servicio como Guarda das fabas na Estercada. Foi unha mala entrada ó ser requirido pra este cometido cando as fabas xa levaban sembradas varios días, as merlas e outros paxaros que viñan dun crudo inverno, non esperaron a que naceran e desenterraron as sementes pra comelas. O meu amo cada vez que viña á cortiña e vía aquel desastre, facíame o responsable de tódolos males: “maragatiño, ovella negra, pasmarote…”. Pra vergonza miña, como os paxaros, sobre todo as pegas e os corvos, me perderan o réspeto, colgaronme dos brazos unhas latas que eran o faime rir de quen por alí pasaba. Ó remate, os paxaros acababan pousándose encima de min e eu espetado no chan non mos podía quitar de riba. Acabada aquela primeira temporada nin se molestaron en recollerme, e tuve que pasar un crudo inverno no medio da cortiña. Aguantei chuvia, neve, xeadas e vento… pra que ó fin, ó facer os renovos o meu amo, ó decidir botarlle patatas á cortiña tiroume pra unha borda. Ó darlle as primeiras cavadas ás patatas todos os saínchos iban encima de min, cando se trataba de regalas tamén se acordaban dos meus trapos pra facer servir no tapadeiro hasta quedar nun triste e lamentable estado. Pero mira por onde, un día viñeron a buscarme para atender uis millos que sembrou o meu amo na Veigaforcado. Aquelo si que foi vida, lonxe das miradas e burlas da xente, convertinme no amo e señor de cantas cortiñas alí estaban sembradas, hasta que unha desgraciada noite de mediados de agosto, unha manada de xabalies arrasaron o millaral e a min de unha pinchacarneiro deixáronme patas pra riba. Cando o día séguente o meu amo viu aquelo enfadouse tanto que colleu un mixto, e alí ardi xunto cos millos.

Para máis inri, os meus herdeiros tein que ver como pouco a pouco son retirados ás pallaregas para ser sustituidos polos horribles CDs e cintas duradas que colgadas das pereiras, mazairas e cincos, deixándonos un penoso e desolador paisaxe.