Nos meus tempos de labrego tiven ocasión de vivir acontecimentos e anécdotas que só se dan nesa vida de vagar, onde o tempo ía pasando despacio, mentras regresabas montado no carro, pola Rozada arriba, de volta dunha xeira de sementeira, guiando desde atrás aquelas vacas cargadas de pachorra...
Tiñas tempo ata de ver desde Valdiores o espantallo de Pingadelo danzando unha muiñeira cunha corza na Veiga Forcado, antes da queima.
Por riba dos bebedoiros do Sotelo alcanzounos o Maurilio de Castrillos, empoleirado no alto da súa burra que, nada máis cheirar ó noso pollino, comezóu a mascar a súa propia lingua, botando escuma pola boca.
--E logo que carallo masca a burra, Maurilio?--preguntou o meu avó.
E o dos rizos a xogo cos pelos da panza da súa burra, cunha boa falta de barbeiro, díxonos rindo:
--Deille un plato de farelos ao saír de Castrillos, e inda anda a monda-los dentes a condenada.
--A túa burra non viu un plato de farelos nin en pintura --asegurou meu avó.
--Pois vou na procura de teu irmán José, que seica ten un burro caralludo, e traigo a burra mascando porque anda á resolta, pero este pollino que levas, Prefeuto, entre as pernas, non me vale: máis parece un pobre xumento que un semental.
E alá marchou de diante na procura da cuberta.
Cando nós chegamos á corte do Simón, alá estaba o Maurilio suxetando a burra polo cabestro no rigueiro, e xa viña o garañón do tío José coa ferramenta disposta.
O semental era un burro grande. Pero a pollina do Maurilio érache de pouca talla. Así é que, ao montar, o burro espetou os dentes na fronte do Maurilio, e alá foi o home, sen sentido, ó medio do rigueiro.
Lavámolo un pouco coa aquela auga de rego e dalgún retrete, e logo volveu en si berrando:
--Carallo, Prefeuto! Esta si que foi cuberta! O burro do José cubriume a burra e mais a min, carallo!
Nunca máis o volvín ver. Por iso non sei que tal serían as crías.