Factura rebajada un 25%

LUBIAN: O éstrano é, que naquel mesmo intre non intentara vendervos...

O éstrano é, que naquel mesmo intre non intentara vendervos a criatura resultante da súa cuberta polo garañón do tío José.
Daquel home tan chocante circulaban por Lubián moitas e enrebesadas historias, unhas certas outras lendas e outras sinxelamente mentira.
Dos máis vellos, sempre oín contar aquela na que en un dos moitos días que se achegaba a Lubián pra mercar, e debido á falta de liquidez, xurdiu de venderlle o tío Xico un suposto vitelo de poucos días que tiña na corte. O trato cerrouse e foi satisfeita a metade das croas acordadas. De alí a un mes o tío Xico pasaría por Castrelos a recoller o vitelo. Cando o tío Xico se personou en Castrelos, el de xeito moi socarron dixole: “pero home Xico si inda á mai non le botei o macho”.

Agora que é tan doado falar das bondades da dieta mediterránea pódese decir que el foi o primeiro e gran impulsor das comidas do pais entre os rapaces da comarca. Sempre estaba presto pra facerlle entender as conveniencias de comer caldo, touciño, fabas pintas e todo aquelo que non gustaba.

Este home conseguiu que entre o caldo e eu se forxara unha relación de amor e odio que chega hasta os nosos días. Ante a desgana que se me facía cada vez que tiña que comer o caldo era instado a non rechistar non fora a ser que o ¿Maurilio?, se acercara polo pueblo co fin de recrutar rapaces pra facer xabón. Eu aconstunbrado a ver como miña abuela le daba voltas na maseira o unto que xunto coa sosa fervía para acabar coallando, viame dando voltas naquela maseira, pra despois, unha vez asentado ser cortado en cachos que acabarían lavando as sabanas e pantalóns no lavadeiro.