Luz ahora 0,08335 €/kWh

LUBIAN: Como sempre, e un pracer ler os vosos contos. Tiña...

Como sempre, e un pracer ler os vosos contos. Tiña unha boa reserva amontoada, que me veu como bálsasmo refrescante nesta costa arriba de retomar a rutina diaria, despois de pasar unhas semanas por terras galegas, cá morriña ainda fresca e na retina retidos restos dos contrastes verdes dos montes có amarelo das xestas e o rosado das queiroas.
Lendo o conto dos noventa graos, veúseme a mente o Toñito, persoaxe dunha historia que me contou meu pai, e casi diría con certeza que estamos a falar do mismo individuo, que anunque a sua carreira tuvo unhos inicios custosos, o fin non acabou mal de todo.
O meu pai conoceu-o no servicio militar sendo os dous reclutas. A él chamabánlle daquela o “tonto da peseta”, e ó meu pai, que nunca lle gustou que se riran de ninguén, preguntoulle por qué lle puseran aquél alcume.
- ¿Ves aquél grupo que ven cara aiquí? Espera e verás- respondelle o Toñito.
Cuando se lle acercaron uns veterans rindo, adiantouse un deles que traía nunha mau un duro e na outra unha peseta, e pregúntalle:
- ¿Qué queres, o duro ou a peseta?
-Eu quero a peseta- respondeulle Toñito pondo cara de cándido.
-Ja, ja, ja, mira que eres tonto. Toma a peseta, anda, tonto da peseta.
O Toñito colleu a peseta e rindo pro meu pai meteuna no bolsillo todo satisfeito. O meu pai monea a cabeza e dille:
-Home, home, non me extraña que te chamen como te chaman, hasta un neno colleria primerio o duro.
-Cala oh, que o día que lle colla o duro non pillo mais pesetas!

E desta maneira entaboaron unha boa amistade, dónde él lle contaba que quería facer carreira no exército, porque na Garda civil xa o intentara e non lle foi a cousa adiante.
Un primo seu dixolle o que tiña que facer, e él foi nin corto nin perezoso o posto da Garda civil a arreglar o asunto.
Quixo a casualidade que no mismo intre que o Toñito entraba, deuse de narices co teniente que salía, e preguntoulle qué quería.
-Mire usté, eu quería votar unha “sustancia” pro seu corpo, e veño a ver si alguén me di cómo teño que facelo.
- ¿Unha sustancia?. Anda pasa, pasa-. E entre dentes o marchar dixo o teniente “a sustancia que tu votes vai a ter pouco churume”. E claro, nunca lle veu aprobada.

Anos mais tarde, xa xubulados, volveu o meu pai a encontralo casualmente en Lalín, e alí lle contou que acabara deixando o exército.
-Cheguei a cabo e casi ficen unha calva de tanto rascar detrás da orella cando tiña que dar leccións, porque de cando en vez cruzábanseme as ideas de tal maneira que xa non fervía nin o ángulo nin a auga, fervíame a min cazola.
Total que finalmente pasouse a tráfico, e gracias a este posto encontrou muller con quen casarse. Pero esta xa é outra historia.