Foi un día no mes de xaneiro, os prados branquexaban ca xeada que caera pola noite. Os regatos estaban tesos de carambelo. Esto pasou fai mutos anos, cando o único calor que había nas casas era o dos braseiros mais o lume nas lareiras.
Era o día do casamento da Encarna. Ben cediño pola mañá chegou a tía Rosario, que como xa era a madriña do bautizo, iba a ser loxicamente a madriña da voda, e tíñase por costume que axudara a vesti-la noiva.
A Encarna tiña o traxe mailas enaguas dende facía tempo ben planchadas e encartadas no roupeiro, pero no mes de xaneiro o cuarto estaba tan frío que pra vestirse primeiro tiñan que quentar os trapos encima do lume na lareira. Esta era tarefa da madriña, pero a pesar do esmero que puso na faena non se deu conta de co lume prendera nun fío que colgaba das enaguas.
Cando a moza xa estaba vestida, ben arranxadiña e peripuesta, a tía Rosario non paraba de estirarlle aquelas arrugas imaxinarias e pasáballe a man polo vestido, arriba, abaixo, cando a Encarna xa aflixida pregúntalle:
-Madriña, ¿usté o día a súa voda tamén ardía?
-Bueno filla, tanto como arder non, pero calentota sí que iba….