Ofertas de luz y gas

LUBIAN: Eu o Día da Tuíza ando todo o día a cabalo dunha nube....

Eu o Día da Tuíza ando todo o día a cabalo dunha nube. Tanto é así que, este ano saín do recinto para facer un recado e, cando voltei, vin a muller nun grupo de xente polo rabiño do ollo. Acerqueime e boteille a man por riba do hombreiro, decíndolle "hola".
Ela contestou tamén "hola, qué tal..."; pero ao ollar para a súa sorrisa, comprendín que me equivocara de grupo e de muller. Foi un deses intres nos que desexas que che trague a terra...
O seu home resultou ser un amigo das Frieiras que con toda a sorna do mundo só me dixo:
--Lévaa, se a queres...
Eu limiteime a pedir disculpas polo erro, e como alma que leva o demoño, cambieime de grupo con todo o disimulo posible.
O caso é que poidamos trabucarnos moitos anos nun día coma ese.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
¡Aah Pillín! Xa te agarrarías a unha moza nova é de bon ver.