Holofernes da Adreida era un neno dos anos sesenta do século pasado. Sempre andaba dacabalo dun burro, tanto para ir coas vacas, como para ir tapar a iauga aos prados. Bueno, creo que para ir á escola deixaba aquel xumento na corte.
Un día daqueles, nas vacacións do verao, falaba un curmán do rapaz, que andaba nos estudios na capital, co pai de Holofernes da Adreida, labrego moi estimado en todo o concello:
--Querido tío: ¿Y qué será de mi amantísimo primo Holofernes el día de mañana, sin estudios, si siempre anda como un "caoboy" encima del asno?
--El verá. E ti que vas ser o día de mañá?
--Yo voy a ser un prestigioso arquitecto. Pero Holofernes no le va a valer a usted, querido tío, más que para guardar las vacas. Porque ni siquiera va a valer para guardar cabras: dejaría la mitad en el monte al volver para casa.
Pasou medio século, e o curmán "culto", xa reformado, guía un preto Mercedes de non moita cilindrada, inda que nunca chegou a ser arquitecto.
Holofernes da Adreida tampouco chegou a ser pastor, polo que non sabemos se de verdade houbera amagotado a res. O caso é que tampouco anda a cabalo do pollino, senon dun Volvo tamén preto, ten un traballo que é capaz de manter en tempos de crisis, é dono dalgún andar de capital e arranxa casa no pobo.
Certamente o "primo" tampouco tiña xeito de profeta.