Aquel xumento, cando Holofernes perdeu o interés pola cabalgadura, adoeceu dunha depresión menopáusica de cabalo. Ben é verdade que opositou para funcionario..., pero non lle chegou a vida até o día das probas: Foi un día de excursión a Patís, na compaña do pai de Holofernes, e alí, atado a un piorno, perdeu o cu, que llo paparon os lobos, e del non quedou máis que a transmisión.
E todo por non facerlle caso a un farraguas de can de carea que pasou a noite a ladrar sen descanso.
Os que estaban deitados na choza só decían:
--Demo de can: non nos vai deixar pegar ollo en toda a noite.
E pola mañá había somentes un anaco do pollino atado cunha reata a aquel resistente piorno.