Eu xa estaba eiquí. Levaba cincocentos vintesete anos sen compañeiros. Viña ás veces unha luz divina, e apañaba catro noces e un canastro de castañas. Os días catro de cada mes viña máis xente con gando, e facían unha feira. Foi daquela cando me naceu o ollo. E foi así como mirei a malladadacimapolapaladosalbard eiros dar pinotes contra outro castiñeiro que xogaba de defensa. Mancouse e... que negro tiña aquel pé! Logo houbo tamén unha brigada de traballadores facendo unha zanxa moi profunda na que destapaba o frasco Holofernes cun gas espeso, que se mascaba. Por riba botaron unha pista de deportes, logo fixeron unha casa para todos. Para facer unhos arcos de xanela, alá andiveron un mestre e os de oitavo a debuxalos á escala 1:1 no cemento da pista, para que os canteiros fixeran o seu patrón.
Por certo que tamén mirei a Pingadelo na súa etapa de picapedreiro, facendo desaugadoiros para as fiestras e cumios para os muros. Eran outros tempos.
Logo veun unha escola para pequerrechos e por fin chegou este cabaliño, que chora cando marchan para a casa os meniños, e bota grandes rinchos cando voltan polas mañás.
Nun luscofusco viñeron unha mociña mailo seu mozo, e arranxáronse para mete-los fociños polo meu ollo, un de cada lado, e selar os beizos no seu primeiro bico.
Que ledicia a do cabaliño! Gusta da xoldra tamén polas noites.