Hubo un tempo no que había escolas en tódolos pobos. Naqueles tempos felices, inda que máis pobres, as casas andaban cheas de xente: abós, pais e fillos... e as cortes cheas de gando. Por iso estaban tamén cheas de cativos as escolas.
Para amañar un problema xurdido na escola de Padornelo, a señora mestra, o pedáneo de Padornelo e mais o alcalde maior de Lubián viaxaron no tren a Zamora, recibidos en audiencia polo Delegado Provincial de Educación.
O viaxe pagouno o concello, e o señor alcalde sacou tres billetes: dous en primeira, para el mesmo e para a señora mestra, e un en terceira para o señor pedáneo, quen estaba máis afeito a viaxar na burriña polos carreiros...
Ao chegaren á estación de Zamora, o pedáneo baixou ó anden espreitando entre o fume da locomotora, na procura dos dous compañeiros de viaxe. Tan pronto como os viu, acenoulles coa caxata e díxolles:
--Manda carallo! Como é posible que os de terceira cheguemos ó mesmo tempo que os de primeira?
Podo asegurarvos, porque o coñecí moi ben, que aquel señor pedáneo de tolo non tiña un pelo.