Luz ahora 0,08500 €/kWh

LUBIAN: ¿DRACULIASIS?...

¿DRACULIASIS?
Eu, cando éramos nenos, ouvín ás veces que os cabelos longos de muller non se podían botar na auga, porque se convertían en serpes.
Paréceme que era unha crenza, un credo dos vellos, transmitida pola tradición oral.
Ao medrar, esquecinme por completo do que sempre me parecera unha andrómena.
Pero hai uns anos, de pesca no Tuela, no lugar da foto, nunha charca entre os penedos vin un fío que se movía, con vida propia, como se fora un cabelo dunha marabillosa mociña loira. Estaba feito un gorgullo, e desenliábase para liarse doutro xeito... Fiquei un rato observando con grande sorpresa, e algo se remexeu nos meus miolos: Tería algún fundamento aquela vella andrómina dos meus avós?
Antonte, no traballo, andaba furgando en google unha compañeira de Bioloxía, buscando "gusano de guinea".
Hoxe busqueino eu, e... volvo a traer remexidos os miolos. Habería algunha lembranza na memoria colectiva dos nosos devanceiros dun tempo remoto con dracontosis nestas latitudes?
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Igual o que viches foi un pelo da MOURA xa que o seu pozo esta perto.
Moitas son as lendas que envolven a este maxico lugar. Unha delas di que un home roubou o peine de ouro dunha moura que, en venganza, optou por asasinar a todo-los homes da zona ata que desapareceu nesta poza. Outra lenda di que unha fermosa moura chegou a zona co seu pai e que se namorou dun home; o pai, contrario a relación, matou o rapaz e ela, toleu e tirouse nesta poza. Dende enton, nas noites de veran, escoitasen laios ... (ver texto completo)