Ofertas de luz y gas

LUBIAN: Os xemelgos...

Os xemelgos

Hai xa uns 30 anos coa chegada dos primeiros kiwis neocelandeses a Lubián en charla picantona e moi animada, mentres agardaban para comprar no Delfín, varias mulleres alababan os poderes da novedosa froita. Dicía a Sabel: “O outro día na –tevelisión- dixeron que vaí moi ben para as galipandias, e para ir a Hedroso tamén”. Contéstale a Toña: “si home o que le facía falta o meu Lebrele levalo a Hedroso coa herba, a seitura e a carrexa por facer”, “nada… nada! mentres os palleiros non esten cobertos, nin Hedroso nin Casa Maquinas…. nin xiquera o Cutaredo”. Pasado un pedazo, o Delfín seguindo o chascarrillo saca un par deles e diceles veña levadeos, veredes que contentas vos levantais mañá. A María moi chocante e collida de sopeito polo xeito e tamaño da froita, bota unha gargallada e di: Arrenegado sea o demo dos chismes, e logo non son o vivo retrato dos collois do meu Toño cando se agacha para que le poña os supositorios da tos.