3 meses GRATIS

LUBIAN: ¿E pagáronvos o arrendo da caseta ou tivestes que apelar...

Las ferias de hace unos años eran de impresión, la gente acudía de todos los pueblos de la zona, al ser la víspera de la Tuiza también se concentraba mas personal, unos por la feria, otros por la verbena el caso es que la gente se lo pasaba en grande.
Es curioso, pero un año hasta montaron una casa de citas en la caseta de una tierra nuestra que está cerca del Couto (feria) las Titis creo que eran portuguesas, el cajero, portero y personal de servicio ya era de la zona. La fila de espera llegaba hasta el Carqueixal.
Mi padre D. E. P. Se partía de risa cuando se enteró, comentaba en casa, mira por cuanto nos montaron un negocio en la Viña y nosotros sin enterarnos,
Saludos.

¿E pagáronvos o arrendo da caseta ou tivestes que apelar ó dereiro consuetudinario? Ás duas veiras das Portelas sempre houbo xente moi emprendedora, algúns chagaron a ser grandes empresarios. Tamén, todo hay que decilo, daquela as trabas burocráticas eran máis ben pequenas.
Desto sabía ben o tio Eulalio, home moi respetable, procedente dunha daquelas casas podentes, con moita labranza e moitas terras, que o fin io cabo, outrora era polo que se medía o poder.
Pero como a todo santo lle chega o seu día, o tío Eulaio fízose vello, e as suas terras quedaron de monte, porque non houbo quén as quixera labrar, as cortes quedaron valeiras, só se quedóu ca compaña do Paco, o burro que era coma da familia e que ó desplazaba a todolos lugares onde tivera que ir.
Chegou tamén o día en que ó tío Eulalio lle custaba sudores montarse no lombo do Paco, e o mesmo tempo ó Paco se lle dobraban un anaco as patas cando o seu dono asentaba as suas pousadeiras enriba del.
Andaba por alí un mozo, do que me vou a reservar o nome, só direi que hoxe é un dos nomeados empresarios cos que conta a zona. Un bo día dixolle ó tío Eulalio:
-Véndame o burro-. O tío Eulalio miroulle sorprendido e respondeulle:
- ¿E ti para qué queres o burro? Non ves que lle pasa coma min, xa non valemos para nada…
- Non me importa, vou a subastalo o día da festa.
O tío Eulalio pensou o asunto, e o fin decidiu desprenderse tamén do seu estimado amigo Paco. Acordaron un prezo ben arranxado de cen pesos, e quedou en levarlle o burro á casa do mozo dous días mais tarde.
O chegar o momento da entrega, o tío Eulalio chegou a casa do mozo con cara de circunstancias.
- ¿E o burro?- Pregúntalle.
- Teño unha mala noticia rapaz, cando fun esta maña a corte encontreino morto.
- Ben, pois devólvame os cen pesos e non pasa nada.
- Iso vai a ser outro problema, porque onte xa os gastei- Contesoulle o vello angustiado.
O mozo sin pensalo dille:
-Pois se non me pode devolver os cartos, o burro é meu, asique tráigamo que vou a subastalo igual na festa.
O tío Eulaio nonse atreveu a facer preguntas e coidou que o burro chegara a casa do seu dono.
Tempo andando encontráronse de novo e preguntoulle o vello ó mozo:
-Teño curiosidade de saber cómo te foi co burro.
-Ben, non teño queixa, vendín cincocentas rifas a dous pesos cada unha, e o fin saqueille unha ganancia de oitocentosnoventeoito pesos.
- ¡Ti estás de broma! Subastas un burro morto, e ¿a xente non lle pareceu mal?
-Pois só lle pareceu mal ó que lle tocou o burro, pero devolvinlle os dous pesos que pagou pola rifa, e todos contentos.