Ofertas de luz y gas

LUBIAN: A min este acontecimento na choza da Viña tenme chegado...

A min este acontecimento na choza da Viña tenme chegado de lonxe, en máis dunha ocasión, e non sei se tódalas fontes son de fiar. Sobre todo se naquel tempo eras un cativo ou andabas inda a navegar polo forro dos perendengues dos teus devanceiros.
Ela, a amorosa, érache a Galdina, procedente do norte da Lusitania.
O emprendedor de tal negocio na choza non foi outro que un "lozano" señor que, entre outros empregos, foi tamén o secretario da Cámara Agraria Local daqueles tempos.
Daquela cabe deducir que o servicio da Galdina poidera ser de balde para tódolos socios da Hermandade de Labradores con necesidade de apuntar a rella, acrebuñar a gadaña, afilar a fouce, endereizar o timón ou suavizar a chabella.
Así que non sei se o negocio sairía moi rendible. Do que casi estou seguro é de que ese día, na choza da viña, producíronse máis cantidade de lácteos e outros fluxos corporáis, que cántaros de viño deu a viña ao longo de tódolos tempos.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
O da pastoriña, si a pesca o Lozano en esas condiciós, nos sei como adaría, seguro que ¡festa no aire! e pro lobo que sempre estaba vigilante, outra festa coas ovellas.

De "gestor" creo que si era o Lozano con algún ayudante máis, menos mal que a Galdina tuvo unha axuda, a pobre muller si ten que dar servicio a todo personal da Cámara Agraria ela sola os "amortiguadores" se lle iban a escarallar por completo, o parecer, eran tres as señoritas, a Galdina, a Roxiña, a outra non me acordo do nombre ... (ver texto completo)