Luz ahora: 0,15000 €/kWh

LUBIAN: A praia de Valença do Miño....

A praia de Valença do Miño.

Esta ferbente aventura de Ricardo aflórame un recordó.
Aos comezos dos anos 80, aterrécemos en Portugal medio cento de persoas en excursión turística ao norte do país veciño. Envoltos, novos con vellos e outros non tan vellos nin tan novos, acheguémonos a praia de Valença, uns a bañarse e outros a mollar os pes na borda. O mar estaba picado e as olas iban en aumento. Nun plis plas, ven unha oliña moi brava e rebolquilla a metade dos que por alí estabamos. Entre nos, con unha nada luxuriosa combinación e xineliñas andaba unha moza de escasos 50 anos á que o mar pon patas para riba. Recordo como si de onte mesmo se tratara daquela imaxe, aquela sirena saída do Atlántico tratando de pórse en pé, e dos largos pelos do pentello que polas comisuras da faxa le saian, flotaban na auga como as mesmas algas que arrastraba o mar.