Gel: noraboa polas túas mensaxes e polo teu galego.
As mortes violentas de tódolos tempos déixannos a alma encollida: guerra civil, tódalas guerras, terrorismo na rúa, terrorismo no lar...
A min chámame a atención o inmenso silencio en Lubián sobre Fábrega Coello, quen por certo era curmán do presidente da Deputación de Ourense daquela época.
Nunca meu avó, xamáis meus pais se atreveron a falarnos deste episodio, ata que o periodista e escritor Xavier López Rodríguez o destapou coa sua novela "Amigo Medo".
Logo deunos unha ponencia nunhas xornadas sobre a Memoria Histórica Simón Lorda sobre médicos represaliados nesta contorna. Como anécdota, cabe suliñar que Dona Antonia, a súa muller, ademáis de enviuvar, foi sancionada con 250 pesetas daqueles tempos.
A nosa Alcaldesa da lexislatura pasada fíxolle unha homenaxe a Fábrega, cunha placa na entrada do concello adicada ao noso médico "de los pobres", como dixo ela, porque parece ser que levaba, ademáis das meciñas, xamón, ou carne, nas visitas ás casas dos doentes sin recursos
A corporación actual nomeou a máis importante rúa de Lubián co seu nome, agardando que sexa para sempre.
Que a paz e a concordia da que vimos gozando as novas xeneracións sexa eterna.