Ofertas de luz y gas

LUBIAN: Nos meus tempos de político ouvín moitas veces a palabra...

Nos meus tempos de político ouvín moitas veces a palabra "demagogia". E casi sempre a empleaban os máis demagogos ponentes. Seguro que non é o caso do señor Prat, inda que dice cousiñas moi difíciles de sacar adiante polos xestores en tempos difíciles, pero que "lle gusta moito escoitar á xente para a que se fala".
Certo que estes tempos son difíciles, pero non son comparables a aqueles outros do pequeno debate. E das personas forman parte o presente, o futuro e o pasado. Eu non teño avós maltratados polos demoños que se citan. Meus avós e meus pais, que eu saiba, viviron tranquilos, sin destacar da maioría silenciosa, durante esa longa noite de pedra (en palabras de Celso Emilio). Pero espántome cando coñezo episodios vividos por xentes tratadas daquel xeito, sexan do bando que sexan. E paréceme que dignificar tantiño a súa pasada existencia forma parte da normalidade que levamos vivindo estas xeneracións de agora.
Un día de 1.983 o alcalde do noso concello, recién nomeado, recibíu unha carta dun descoñecido de Asturias. Nela decía ser sobriño dun home de Hermisende ao que mal enterraran na cuneta por riba da estación. Pedía que o propio alcalde levara a aquel lugar unha flor para seu tío.
O alcalde colleu as mellores rosas do xardín, e levounas, colocándoas nun carballo, alí onde inda están enterrados os ósos de un tal José.
E alguén dixo:
--Mira o noso alcalde, poñendo flores ao Sete Chaquetas!
Era un home pobre que andaba ao xornal polos pobos, e matárono porque ó rexistralo encontraron unha carta en portugués "nunha das súas sete chaquetas", e por ter esa carta, un cantamañanas con camisa azul determinou que se trataba dun espía.
Cando leve rosas a tumba de meu pai, apartaréi unha para o mesmo carballo. Só é suestión de sentimento.