Ofertas de luz y gas

LUBIAN: Do 79 ó 83 tiven a honra de ser alcalde dun concello...

Do 79 ó 83 tiven a honra de ser alcalde dun concello de Sanabria. En calidade de tal, acudín a unha xuntanza de alcaldes e outros politiquiños xabreses no Mercado, presidida por o señor gobernador civil da provincia.
O gobernador érache un home de proporcións considerables nas tres dimensións. Tanto era así, que non lle colleu aquel inmenso cu entre os brazos da butaca que lle tiñan asignada, e tuvo que sentar nunha cadeira máis modesta. Probablemente aquiel home, na teoría evolutiva, non descendera do mono, senon do oso.
Acabado o seu relatorio, abriuse un debate. Eu somentes lembro unha das intervencións: a dun tal Guido, agora xa finado, que Deus o teña na gloria. Foi a que rematou o evento:
--Señor gobernador: Seguramente, dada su talla, tendrá usted dificultades para encontrar ropa hecha a medida... Si aún viviera mi suegro, ¡aquél sí que le hubiera hecho a usted un traje a medida!
--Entonces era un buen sastre... --contestoulle amorosamente a autoridade.
--No, señor. ¡Era talabartero!
Qué sería de nós se non houbera momentos coma ese.