Ofertas de luz y gas

LUBIAN: Talabarterías non habrá; pero albardas aínda van quedando,...

Talabarterías non habrá; pero albardas aínda van quedando, así coma tipos aos que lle caen que nin pintadas.
Inda vive hoxe un paisano de Lubián que, estando en Zamora, foi mercar unha albarda á rús da Costanilla, nun lugar chamado "El Sayagués", onde se venden chocallos, albardas, sombreiros de palla, fouces,... Hai catro anos inda estaba alí.
-- ¿Y de qué tamaño quiere la albarda, buen hombre? --preguntou o tendeiro, un bon amigo meu.
O lubianés arrugou o fociño, tirou da boina pra tras, rascou un pouco a testa, e dixo:
--Pues hombre..., el tamaño..., ¿cómo le diría? Pues... para un burro pequeño y regordete como yo.
E despois iba Santa Clara arriba, camiño da Pensión Padornelo, coa albarda ó lombo. Que ben lle quedaba!
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Xenial este conto de albardas. Pasa como con todo, antes era a cousa comparable ca “alta costura”, hasta se facían á medida, hoxe son de “prêt-à-porter”, encontránse tamén nos grandes almacéns, e seica teñen moi boa saída. O malo é que visten tan ben, que os que as lucen nin conta se dan de que as levan encima..