Ofertas de luz y gas

LUBIAN: Alá polo ano 1.973, eu tiña moza en Padornelo. Que...

Alá polo ano 1.973, eu tiña moza en Padornelo. Que bonita era! Casi tanto como agora.
Unha tarde estabamos os dous sentados nunha mesa da Cafetería da Sra. Teresa Cano, cando entraron dous rapaces dirixíndose a min directamente:
--Boas tardes, que dicen os mozos de Padornelo que tés que pagar o viño.
Eu pensei nun garrafón dun cántaro, calculei o seu valor así por riba, e vin que levaba cartos pra pagalo. Así é que contestei a bote pronto:
--Moi ben, pois decille aos mozos que veñan, que o pago.
Eles deron media volta, e marcharon tan campantes.
Mirei pra a moza, e vin que andaba a dibuxar un amplio sorriso.
--Pero si los mozos son ellos...
Nunca máis mo volveron a reclamar.