Ofertas de luz y gas

LUBIAN: Banda As Portelas. Esto xa é unha señora banda, ¡como...

O domingo vindeiro temos unha pequena viaxe: imos acompañar a nosa Banda das Portelas deica Melón (Ourense), a unha xuntanza de bandas.
A nosa banda xa vai sendo banda: 12 gaitas, un tambor, 2 timbáis, un bombo e 6 panderetas. O repertório xa anda polas 20 pezas.
Xantaremos na Caniza, xa na provincia de Pontevedra, e viremos a pasar o luscofusco na vila de Allariz.

E falando do pago do viño en Padornelo, paréceme que Pablo está ben informado de como foi ese conto. Beberao o outro rapaz, ou será máis de licor amargo?

Banda As Portelas. Esto xa é unha señora banda, ¡como aumentou o personal! seguro que estáis ensayando moito, tampouco tedes que machacaros demasiado, tamén será conveniente ir tranquilos e descansados, todo vai a salir moi ben.
Tedes un repertorio alto, pero si hai un lapso de memoria en algunha peza, sempre habrá un recurrente. Tal como este -Sonche gaiteiro- sonche moi chulo - teño a gaita - pegando o culo....
Que paséis un día moi feliz, e disfrutar a tope tocando, esto é mui importante.
Para todos. Un abrazo.