Rebaja tu factura AQUÍ

LUBIAN: Lembra tamén, que entre golito e golito de ponche Caballero,...

O "caballero" sempre toma ponche Caballero. Un cafetiño quente, e despois a súa copiña de Caballero, a pao seco, con ese sabor doce que pega un beizo co outro, facéndote rumiar.
Unha tarde, en lugar da copiña, botáronlle en Casa Tito o Caballero nun copón, cunha pedra de carouxo --tamén chamado xeo--.
El non facía máis que chocaldrear aquel copón de Caballero pra disolver o carouxo: tilín, tilín, tilín... Inda me parece estar ouvindo o soniquete. Bebía un grolo, e o penedo rebotaba contra os dentes: cataplún!
E veña remexer: tilín, tilín...
E dous espectadores, o camareta e máis outro, veña rir: Ji, ji. ji! Tilín, tilín, tilín! Cataplún! Golpe nos paletos, e grolo pra o peito.
Choraban coa risa.
--Que carallo pasa? E logo que festa é hoxe pra eses luxos?
--Ningunha --contestaron a dúo os que choraban coa risa--. Só que o carouxo, nin se desfai, nin enfría: é unha pedra de xeixo cristalizado que achamos na serra esta mañá-
Tilín, tilín, tilín! Cataplún!
O copón, os dentes e mailo cristal de xeixo quedaron enteiros. O caballero somentes meneou un pouqiño os fociños ao descubrir a facaltruada.

Lembra tamén, que entre golito e golito de ponche Caballero, o citado "caballero" acomodaba os xemelgos, unhas veces por diante e a maior parte delas por tras.