Cando Barxés, de neno, veu á Tuíza con súa nai, o Sr. Prat aínda non saíra probablemente das Extremas Terras. El non coñecéu a Tuíza deica o fin dos anos setenta.
Daquela non sabe Ricardo que naqueles tempos toda a paisaxe do río e dos arredores do santuario andaban máis "humanizados": o couto era un prado limpo de todo: non tiña chopo ningún. As cortiñas e prados entre o couto e o santuario estaban aproveitados, sen o montarral que teñen agora. O camiño do muiño e do Pontón non tiña xestas nin uceiras; e todas as parcelas á borda do camiño que vai cara ás Valiñas eran prados ben segados, sen monte, cheus de vacas o día da feira e da romaría. En todos eses prados, á sombra dos carballos e dos cereixáis que había nas bordas, era onde extendíamos o mantel e sentabamos ao redor, con aqueles manxares enriba, en días tan señalados. Aquelas viandas que viñan nas alforxas, sobre a albarda do burro... tiñan un sabor especial: Era o día da Tuíza!
Hoxe crecen piornos, xestas e uces, silbas e agabanceiras... E no lugar do burro e das vacas cargadas de chocallos e esquilas enchendo de son o val, andan donicelas, garduñas, raposas, teixugos, corzas e xabaríns como "Ricardo por su casa".
Certamente a natureza reconquista permanentemente o que é dela, desfacendo en cada segundo de tempo o que fai o home ao longo de séculos.
E que sería de nós, homes e mulleres, se deixásemos de mover o esquelete?