Ofertas de luz y gas

LUBIAN: Dirixido á persoa que desexa vivir nun lugar ermo por...

Dirixido á persoa que desexa vivir nun lugar ermo por perfeizón:

Na choza de Lagarellos pode vostede acomodarse, restaurándoa ao seu antollo. Alí pode xogar a ser anacoreta ou asceta. Non haberá teta de vaca, nin talladas de touciño; pero pode alimentarse coas raíces das abriotas, estofado de grilos, ensaladas de acedas con saltois, asado de serpe con crema de borea de charrela e outros manxares tamén naturáis.
Ao cansarse de tal eremitaxe, baixe á miña casa, como amigos que somos, e papámonos xuntos unhos ovos fritos con chourizo, unhas boas magras de xamón e uns grolos de bo viño. Pero non se quede vostede con esa gorromela, que os antollos non satisfeitos poden xerar doenzas, sobre todo da alma.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Despóis de unha vida tan austera en Lagarellos, o darlle esa tan boa benvida o amigo na túa casa, fácil que terías que botarlle o can (casi se me escapa o nombre, o ser tan famoso...) pra botalo de casa, non creo que intentara outra aventura na serra.
Xa vai tempo que colgache no foro de un lugar da zona, non o encontro, se trataba de un tema de un cura, podía ser o Avelino, falaban da caspa que tiña nas zapatillas negras él, a pregunta de un monaguillo, me fizo moita gracia, o podías contar de ... (ver texto completo)